O sábado 25 de maio celebramos unha nova edición dun dos eventos comercias mais agardados por clientes e veciños de Boiro, trátase da NOITE ABERTA, un evento singular que xunta comercio, ocio e entretemento nunha xornada festiva.
Nesta edición da N.A. participaron 29 establecementos asociados a ABE que abriron ata as 24 horas da noite e realizaron descontos durante todo o día ademais de actividades especiais.
Nesta edició instalaronse dous inchables na praza do concello durante a tarde do sábado e a partir das 20:00 horas tivemos un espectáculo de rúa da compañía troula animación chamado Funky Party.
Como novidade os establecementos participantes luciron diante dos seus escaparates un display de 3 metros coa imaxe da Noite Aberta para que os clientes e visitantes identificaran claramente cales son os negocios que financian e colaboran coa iniciativa.
A segunda novidade é a potenciación da participación do sector hostaleiro que tiveron descontos e actividades especiais nos seus locais.
IMPORTANTE
A ABE QUERE DESTACAR QUE A NOITE ABERTA DE BOIRO É POSIBLE, E SUPÓN UN ÉXITO DE VENTAS E VISITANTES GRAZAS AO ESFORZO E FINANCIACIÓN QUE REALIZAN OS 29 ESTABLECEMENTOS ASOCIADOS PARTICIPANTES, A ABE E O CONCELLO DE BOIRO.
NESTE SENTIDO ANIMAMOS AOS COMERCIOS NON ASOCIADOS E QUE SE SUMAN POLA SÚA CONTA EN CADA EDICIÓN A ESTE EVENTO, QUE SE ASOCIEN A ABE, XA QUE ASÍ ESTARÁN TAMÉN CONTRIBUÍNDO A QUE ESTA ACTIVIDADE SE POIDA SEGUIR CELEBRANDO E SEGURAMENTE EN MELLORES CONDICIÓNS QUE NAS ACTUAIS.